Manuel Pardo Becerra
avogado e xornalista galego
Manuel Pardo Becerra, finado en Lugo o 8 de xuño de 1921, foi un avogado e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | 8 de xuño de 1921 Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , avogado |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Fillo de José Pardo Moinelo. Licenciado en Dereito civil e canónico (1886), foi avogado fiscal da Audiencia de Lugo. Con Amador Montenegro fundou en 1889 A Monteira, na que publicou no número inicial a primeira entrega dun artigo titulado "D'a fala gallega" no que se reclamaba a rexeneración da lingua galega. Colaborou en El Lucense e La Integridad. Foi presidente do Consello Diocesano da Adoración Nocturna e da Federación de Sindicatos Agrícolas. Fundou e dirixiu entre 1912 e 1921 a Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Lugo.