Manuel Pérez Troncoso

xornalista e político galego

Manuel Pérez Troncoso, nado en Lugo e finado en Salceda de Caselas o 10 de novembro de 1967[1], foi un xornalista e político galego.

Manuel Pérez Troncoso
Nacementovalor descoñecido
 Lugo
Falecemento10 de novembro de 1967
 Salceda de Caselas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Administrador de arbitrios do concello de Pontevedra. Foi director de El Tea. Militante de Izquierda Republicana, foi elixido vicepresidente do Consello Provincial de Pontevedra en xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo e destituído do seu posto no Concello. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, a súa causa foi sobresida provisionalmente.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 16-11-1967, p. 14.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar