El Agro Celta
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Celta (homónimos).
El Agro Celta foi un periódico editado en Ponteareas en 1926.
El Agro Celta | |
---|---|
Localidade | Ponteareas |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarCando El Tea foi suspendido por problemas coa Ditadura de Primo de Rivera a mediados de 1925, foi substituído por El Uma, e entre xaneiro e marzo de 1926 por El Agro Celta. Subtitulado Decenario defensor de los intereses agrarios, apareceu o 3 de xaneiro. Saía os días 3, 13 e 23 de cada mes. Dirixido por Manuel Pérez Troncoso, contaba con moitos dos colaboradores de El Tea e cunha liña editorial similar, informando sobre a política municipal e defendendo os intereses agrarios e anticaciquís. Tiña seccións como Ecos del condado, Ecos de Caselas, Ecos de América, Epopeyas históricas e Fuchicadas por Pedro Borreiro.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Agro Celta, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.