El Uma

periódico de Ponteareas (1919-1925)

El Uma foi un periódico editado en Ponteareas en 1919 e 1925.

El Uma
LocalidadePonteareas
Na rede
Galiciana: 16600
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Primeira época editar

Cando El Tea foi suspendido por orde gobernativa en marzo de 1919 foi substituído por El Uma. Subtitulado Decenario político independiente defensor de los intereses del distrito de Puenteareas, apareceu o 3 de abril de 1919. Publicábase en Pontevedra. Editado polo mesmo grupo de El Tea contando con moitos dos seus colaboradores e cunha liña editorial similar de loita agrarista e anticaciquil.

Segunda época editar

Cando El Tea volveu ser suspendido por problemas coa Ditadura de Primo de Rivera a principios de 1925, foi novamente substituído por El Uma. Subtitulado Decenario agrario de administración, apareceu o 14 de marzo de 1925. Foi editado polo mesmo grupo de El Tea contando con moitos dos seus colaboradores e cunha liña editorial similar de loita agrarista e anticaciquil. O último número desta etapa foi o 10, aparecido o 14 de xuño de 1925.

Tercera época editar

Cando El Tea volveu ser suspendido a finais de 1925, foi novamente substituído por El Uma. Subtitulado Decenario agrario de administración, apareceu o 24 de novembro de 1925. Foi editado polo mesmo grupo de El Tea contando con moitos dos seus colaboradores e cunha liña editorial similar de loita agrarista e anticaciquil. Foi substituído por El Agro Celta.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar