Manuel Pérez Taboada

xastre e político galego


Manuel Pérez Taboada, nado en Xeve (Pontevedra) o 19 de agosto de 1917 e finado Francia en 1976, foi un xastre e político galego.

Infotaula de personaManuel Pérez Taboada
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1917 Editar o valor em Wikidata
Xeve, España Editar o valor em Wikidata
Morte1976 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxastre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Traballaba nunha xastrería de Andrés Muruais en Pontevedra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu con outro veciño de Xeve, pasou por Asturias e chegou a Francia. Os falanxistas detiveron ao seu pai e a un dos seus irmáns para tratar de localizalo, pero non o conseguiron, e soltáronos. En Francia casou con Luisa Merino, filla de emigrantes salmantinos que chegaron a París logo da primeira guerra mundial, e axudou a moitos españois.

Durante a ocupación nazi de Francia foi detido en Bordeos en febreiro de 1944. Estivo alí preso até maio, cando foi trasladado ao campo de concentración de Neuengamme, preto de Hamburgo. Estivo a piques de ser fusilado e salvouse a última hora por dicir que era xastre.

Cando foi liberado, volveu coa súa muller, Luisa, a París, onde tivo tres fillas. Cando morreu o seu pai en 1964, tratou de negociar co consulado español unha visita a Pontevedra, pero foille denegada.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar