Manuel Pérez Sáenz

empresario galego

Manuel Pérez Sáenz nado en Ortigosa de Cameros (A Rioxa)[1] e finado en Santiago de Compostela o 12 de marzo de 1880, foi un empresario galego.

Infotaula de personaManuel Pérez Sáenz
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
A Rioxa, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de marzo de 1880 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarmador , financeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosOlimpio Pérez Rodríguez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

En 1825 trasladouse a Santiago de Compostela onde comezou a traballar co comerciante da cera Francisco Rodríguez de Arijón,[1] casando coa súa filla en 1837. Iniciou a súa actividade económica no comercio de Compostela e despois a actividade bancaria, a partir dun préstamo do seu sogro e do capital aportado pola súa muller.[2]

Actividade comercial editar

Manuel Pérez Sáenz comezou no mundo dos negocios coa ceraría do seu sogro na década de 1840 e exportando millo cara a Irlanda, nos anos da fame; e tamén participou no negocio do transporte de emigrantes cara o Río da Prata.[2] Posteriormente, exerceu como grosista e como armador nos portos do Carril e outros da Ría de Arousa, e da ría de Muros, dende onde comerciou con portos de todo o mundo, particularmente con América. Na década dos anos 60 e 70, tamén participou no comercio de exportación de gando a Inglaterra, o que lle facilitou o acceso a letras de cambio e libras esterlinas.[3] A partir dos intensos movementos comerciais, foi armador de barcos de cabotaxe e de rutas internacionais para transportar as mercadorías cara a América e traer outras de volta.

Actividade financeira editar

A partir das relacións comerciais, pasou a ofrecer intermediación financeira a empresas da bisbarra de Santiago, especialmente ás fábricas de curtidos e préstamos para as actividades da familia Harguindey e, tamén, aos fomentadores cataláns da salgadura das rías de Arousa e Muros-Noia.[3]

Tivo tres fillos: Celestina, Olimpio e Cándido Pérez Rodríguez. Despois da súa morte en 1880 os seus fillos continuaron a súa actividade bancaria constituíndo unha sociedade que pasou a denominarse Hijos de Pérez Sáenz (1884). Anos máis tarde pasaría a coñecerse co actual nome de Banco Gallego. Finou en Santiago de Compostela o 12 de marzo de 1880.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Facal Rodríguez (2006), p. 141
  2. 2,0 2,1 Facal Rodríguez (2006), p. 142
  3. 3,0 3,1 Facal Rodríguez (2006), p. 145
  4. Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 11-3-1882, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar