Manuel Ochoa
Manuel Ochoa Fernández, nado en Tomiño en 1998 é un piragüista galego que compite na modalidade de slálom.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1998 (25/26 anos) Tomiño, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | piragüista |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Deporte | piragüismo |
Conseguiu a clasificación para os Xogos Olímpicos de 2024.
Traxectoria
editarComezou no piragüismo seguindo os pasos de seu irmán e ingresou no Club Deportivo Miño Teixugos de Goián, co que axiña comezou a destacar na modalidade de slálom.[2][3] Para continuar coa súa progresión, en 2016 tivo que instalarse en Cataluña, en La Seu d'Urgell, ao carecer Galicia dunha canle de augas bravas.[2]
Nesa mesma localidade, en 2022 conseguiu a medalla de prata nunha proba da Copa do Mundo, e tamén ese ano disputou por primeira vez un Campionato do Mundo absoluto, en Augsburgo, acadando os cuartos de final na proba de caiac cross.[4] En 2023 disputou en Londres o seu segundo Mundial e ao ano seguinte gañou a medalla de ouro na proba da Copa do Mundo celebrada en Praga, nas augas do río Moldava, obtendo así a clasificación para os Xogos Olímpicos de 2024.[5]
Notas
editar- ↑ "El sueño olímpico de Manu Ochoa". 6 de septiembre de 2022. Consultado o 15 de junio de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 ""O nivel en Galicia está a medrar moito; é para estar orgullosos"". 17 de setembro de 2022. Consultado o 24 de xuño de 2024.
- ↑ "Homenaje a los "Teixugos", campeones de Slalom Olímpico". Faro de Vigo (en castelán). 21 de setembro de 2014. Consultado o 24 de xuño de 2024.
- ↑ "Resultados Augsburgo 2022" (PDF) (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2024.
- ↑ "O tomiñés Manu Ochoa, nos Xogos Olímpicos de París 2024". 17 de xuño de 2024. Consultado o 24 de xuño de 2024.