Manuel Novo López

industrial e político galego

Manuel Novo López, nado en Moreda (Seoane do Courel) o 13 de outubro de 1895 e finado en Seoane do Courel o 23 de xaneiro de 1974, foi un industrial e político galego.

Infotaula de personaManuel Novo López
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1895 Editar o valor em Wikidata
Moreda, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1974 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Seoane do Courel, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Militante de Unión Republicana, da que foi tesoureiro en Seoane do Courel en 1935. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Folgoso do Courel o 18 de marzo.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado.[2] Estivo fuxido, agochado na súa casa de Moreda. Foi detido o 29 de abril de 1939 con Antonio Aira Domínguez e Manuel Rodríguez Pombo, e internado no cárcere de Monforte de Lemos. Pasou ao cárcere de Lugo o 5 de maio e foi xulgado en Lugo o 23 de novembro por auxilio á rebelión na causa 1004/36 xunto con Manuel Rodríguez Valcárcel,[3] e condenado a 12 anos de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1940.[4] Cumpriu condena na Prisión do Balneario de Lugo. Saíu en liberdade condicional o 13 de xullo de 1941. Finou en Seoane do Courel o 23 de xaneiro de 1974.[5]

Vida persoal editar

Casou con Ángela López Díaz. Foi tío e padriño de Uxío Novoneyra.[6]

Notas editar

  1. BOP Lugo, 6-8-1936, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 7-10-1936, p. 11.
  3. El Progreso, 25-11-1939, p. 2.
  4. BOE, 23-3-1949, p. 1532.
  5. Necrolóxica El Progreso, 24-1-1974, p. 7.
  6. Fernández (2022), p. 14

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernández, Eliseo (2022). "A guerrilla no courel: unha primeira achega". En Rodríguez Gutiérrez, Alejandro; Martínez Panizo, Laura. Federación de guerrillas de León-Galicia. Santiago de Compostela: Edicións Positivas. pp. 11–20. ISBN 978-84-126233-9-0. 

Ligazóns externas editar


Predecesor:
?
  
Alcalde de Folgoso do Courel
 
1936
Sucesor:
?