Manuel Mon Miranda
militar galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Mon.
Manuel Mon Miranda, nado en Lluanco (Gozón) cara a 1892 e finado en Ribadeo o 23 de xullo de 1936, foi un carabineiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 Lluanco, España |
Morte | 23 de xullo de 1936 (43/44 anos) Ribadeo, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Ribadeo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | carabineiro |
Traxectoria editar
Carabineiro veciño de Burela. Destinado en Ribadeo, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sorprendido mentres estaba de garda na parte traseira do Concello de Ribadeo, na rúa Ibáñez. Foi asasinado o 23 de xullo de 1936. Os seus restos, xunto cos de Justo Fernández Suárez, foron exhumados pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) da foxa común do cemiterio de Ribadeo en 2023.[1][2]
Vida persoal editar
Casou en Burela con Joaquina Expósito Baño e foi pai de José, Nicasio, Manuela e Antonio Mon Expósito.
Notas editar
- ↑ Cristina L. Felipe (1/6/23) "Memoria Histórica exhumará a dos asesinados en Ribadeo en julio del 36" El Progreso (en castelán).
- ↑ María José Mon: "É moi cruel que haxa corpos sen recuperar e xente que se opoña" El Progreso.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Manuel Mon Miranda na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha en Represión franquista en Lugo