Manuel Lombao

xornalista galego

Manuel Lombao Lombao, nado en Lugo en 1943, é un xornalista galego.

Modelo:BiografíaManuel Lombao
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1165808 BUSC: lombao-manuel-1943

Traxectoria

editar

Licenciado en Ciencias da Información e en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a traballar en 1966 como colaborador en programas musicais de Radio Lugo-Cadena SER (1966-67). Posteriormente foi xefe de programas en Radio Popular de Lugo-Cadena COPE (1967-71) e de Cope en Madrid de 1971 a 1975. Incorporouse a Radio Nacional de España en 1976. Logo de pasar por varios programas, en 1982 noméano director de especiais informativos da cadea. Un ano despois, a comezo de 1983, é nomeado director de RNE en Galicia. En 1985 salta a Televisión Española, onde comeza como redactor cultural nos telexornais e onde en 1986 o nomean director do centro territorial de TVE en Galicia[1]. Trasládase de novo a Madrid, onde é subdirector de Informe semanal, e dende 1988 ata 1996 dirixiu o programa de información parlamentaria da cadea.

En 2004 pasou a ser director dos centros territoriais da cadea, e en representación de TVE, en membro da Asociación Europea de Televisións Rexionais. En agosto de 2008 foi nomeado director do centro de Brasilia do Instituto Cervantes.[2] Ten numerosas publicacións sobre comunicación, música ou política.[3]

Premios

editar
  • Premio Ondas de radio 1974[4]
  • Premio Micrófono de Oro 1993
  • Premio Paraugas de Ouro da televisión búlgara, en 2003.
  • Premio Magnolia no Festival de Televisión de Xangai polo seu documental La última carta.
  • Cruz ao mérito militar, con distintivo branco.
  • Premio Os Bos e Xenerosos da AELG no 2015.
  1. Ernesto Sánchez Pombo (6 de maio de 1986). "Manuel Lombao, nuevo director de TVE en Galicia". El País. 
  2. J. Lerín (8 de xullo de 2008). "Lombao dirige el Instituto Cervantes en Brasilia". El Periódico de Aragón. 
  3. "Manuel Lombao Lombao". Galegos. 12/12/2024. 
  4. "O xornalista Manuel Lombao ofrecerá o pregón do San Froilán 2018". Concello de Lugo. Consultado o 18 de maio de 2018.