Manuel Jesús Vázquez Barca

mestre e político galego

Manuel Jesús Vázquez Barca, nado en Anllóns (Ponteceso) en 1939 e finado na Coruña o 31 de outubro de 2004,[1] foi un mestre e político galego.

Manuel Jesús Vázquez Barca
Nacemento1939
Lugar de nacementoAnllóns
Falecemento31 de outubro de 2004
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
FillosEthel Vázquez
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi mestre no colexio Eduardo Pondal de Ponteceso. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas en Ponteceso encabezando a Candidatura Democrática Independente e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Non se presentou á reelección en 1983, disgregándose os seus compañeiros de candidatura entre PSdeG-PSOE (que lograron a alcaldía con maioría absoluta) e AP. Presentouse de novo á alcaldía polo CDS nas municipais de 1987, mais non a logrou dado que o PSdeG revalidou a maioría absoluta.


Predecesor:
Máximo Cruz Palacinos
  
Alcalde de Ponteceso
 
1979 - 1983
Sucesor:
José Luis Suárez Cotelo

Vida persoal editar

Casou con Benigna Mourelle Mosqueira e foi pai de Ethel Vázquez Mourelle.[2]

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-11-2004, p. 44.
  2. Entrevista a Ethel Vázquez Mourelle, La Voz de Galicia, 15/11/2009.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar