Manuel González Fernández
Manuel González Fernández, nado en Chantada o 15 de xuño de 1944 e finado en Lugo o 10 de xullo de 2010, foi un mestre e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1944 Chantada, España |
Morte | 10 de xullo de 2010 (66 anos) Lugo, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
7 de outubro de 1997 – 18 de xaneiro de 2000 ← Mauro Varela Pérez Lexislatura: VI lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións Xerais 1996 en España | |
Alcalde de Xermade | |
1970 – 2003 – Tomás Rodríguez Arias → | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Traxectoria
editarMestre de profesión, nos anos 60 exerceu na escola unitaria de Xermade e despois dirixiu o Colexio Público de Xermade entre 1980 e 1996. Foi nomeado alcalde de Xermade en 1970. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática e foi elixido alcalde. Volveu ser alcalde nas sucesivas eleccións xa polo PPdeG ata 2003, cando o substituíu o seu compañeiro de formación Tomás Rodríguez Arias
En 1997 foi deputado no Congreso dous anos, en substitución de Mauro Varela Pérez. Tamén foi deputado provincial e responsable de deportes da Deputación Provincial. Foi cronista deportivo de El Progreso.
Predecesor: - |
Alcalde de Xermade 1970 - 2003 |
Sucesor: Tomás Rodríguez Arias |
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Noticia en El Progreso