Manuel García Garrido
Manuel Jesús García Garrido, nado en Fuente de Cantos (provincia de Badaxoz) en 1928, é un xurista e profesor español.
Manuel García Garrido | |
---|---|
Nacemento | 1928 |
Fuente de Cantos | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Sevilla |
Ocupación | xurista, catedrático de universidade, escritor e político |
Premios | Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio e Orde de San Raimundo de Peñafort |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi catedrático de Dereito Romano da Universidade de Santiago de Compostela e en 1968 foi nomeado reitor, permanecendo no posto ata 1972. En 1970 o Ministerio de Educación encargoulle un estudo sobre a ensinanza superior a distancia, e o 15 de setembro de 1972 foi nomeado reitor da acabada de crear Universidade Nacional de Educación a Distancia, permanecendo no posto ata 1974. Continuou como catedrático de Dereito Romano da UNED[1]. Foi tamén Director xeral de Persoal do Ministerio de Educación e Ciencia.
RecoñecementosEditar
En 2011 foi nomeado presidente honorario da Academia Romanística Constantiniana e doutor honoris causa pola Academia das Ciencias de Moscova[2].
Predecesor: Ángel Jorge Echeverri |
Reitor da Univ. de Santiago 1968 - 1972 |
Sucesor: José Ramón Masaguer Fernández |
NotasEditar
- ↑ "Primero clase media; luego, democracia". El Faro de Ceuta (en castelán). 7 de marzo de 2011.
- ↑ "Nombran a García Garrido presidente honorario de la Academia Romanística Constantiniana". El Correo Gallego (en castelán). 5 de xullo de 2011.