Manuel Gómez Fernández
Manuel Gómez Fernández, alcumado Varillas,nado en Santander en 1944, é un exfutbolista español que xogaba como extremo e interior.
Varillas | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Manuel Gómez Fernández | ||
Nacemento | 1944 | ||
Lugar de nacemento | Santander | ||
Posición | Interior, extremo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1965–1968 | Atlético de Madrid | 0 | (0) |
1965–1967 | → Valladolid | 23 | (7) |
1967–1968 | → Europa | 14 | (2) |
1969–1970 | Alcoyano | ||
1970–1971 | Gimnástica de Torrelavega | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarFormou parte do Atlético de Madrid, que o cedeu durante as tempadas 1965/66 e 1966/67 ao Valladolid, de Segunda División.[1] En xuño de 1967 reforzou xunto aos seus compañeiros Ocaña e Bernal o Racing de Ferrol para a disputa da 22ª edición do Trofeo Teresa Herrera,[2] e marcou un gol nas semifinais contra o Deportivo da Coruña e outro na final diante do Celta de Vigo, contribuíndo así á conquista do título.[3]
Ao seu regreso de Galicia, e a pesar do interese do Racing en quedar con el no equipo, saíu cedido ao Europa, tamén de Segunda División.[4] Posteriormente xogou no Alcoyano e no Gimnástica de Torrelavega.
Notas
editar- ↑ "Varillas, un extremo comodín, aspira a llegar lejos en el fútbol". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xuño de 1967. p. 7.
- ↑ "Las posibilidades del "Rácing" en el "Teresa Herrera"". La Noche (en castelán) (14233). 22 de xuño de 1967. p. 11. Consultado o 12 de outubro de 2022.
- ↑ "El XXII "Trofeo Teresa Herrera" pasó a las vitrinas del Racing de Ferrol". La Noche (en castelán) (14240). 30 de xuño de 1967. p. 11. Consultado o 12 de outubro de 2022.
- ↑ "Bernal y Varillas no han fichado por el Racing". El Pueblo Gallego (en castelán). 20 de agosto de 1967. p. 14. Consultado o 12 de outubro de 2022.