Manuel Fernández Cortinas

político e militar galego


Manuel Fernández Cortinas, nado en Lugo en 1905 e finado en Dnipropetrovsk o 22 de xuño de 1978, foi un político e militar galego.

Infotaula de personaManuel Fernández Cortinas
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xuño de 1978 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Dnipro, Ucraína Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Lugo en 1905.[1] Ingresou no Partido Comunista de España en 1928,[1] onde desenvolveu unha intensa actividade durante a Segunda República. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 uniuse ás milicias populares. Durante a guerra foi comandante das brigadas mixtas 37.ª e 42.ª,[2] na fronte de Madrid. En marzo de 1939, durante o golpe de Casado, Fernández Cortinas mantívose leal ao goberno Negrín. As tropas da 42.ª Brigada Mixta saíron do seu sector e chegaron a ocupar os Nuevos Ministerios,[3] aínda que o contragolpe anti-casadista acabou fracasando. Coa derrota republicana marchou ao exilio, instalándose na Unión Soviética.

Na URSS traballou como obreiro en Crimea e Dnipropetrovsk. Morreu en Dnipropetrovsk o 22 de xuño de 1978.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Encinas Moral, Ángel Luis (2008). Fuentes históricas para el estudio de la emigración española a la U.R.S.S. (1936-2007). Madrid: Exterior XXI. 
  • Engel, Carlos (1999). Historia de las Brigadas Mixtas del Ejército Popular de la República. Madrid: Almena. ISBN 84-922644-7-0. 
  • Romero, Luis (1976). El Final de la guerra. Barcelona: Ed. Ariel. 

Ligazóns externas editar