Manuel Enríquez Fernández

obreiro, sindicalista e político asturiano

Manuel Enríquez Fernández, nado en Taramundi cara a 1878 e finado en Lugo o 29 de abril de 1937, foi un obreiro, sindicalista e político asturiano.

Infotaula de personaManuel Enríquez Fernández
Biografía
Nacemento1878 Editar o valor em Wikidata
Taramundi, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de abril de 1937 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónobreiro , sindicalista , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño de Pacios. Directivo da UGT da Pontenova, foi vicepresidente do Sindicato Obreros Mineros Lugo-Sección Pontenova en 1923 e presidente da Agrupación Socialista Obrera La Lucha de Puentenuevo en 1936. Foi concelleiro do Concello de Vilaoudriz. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité da Fronte Popular de Vilameá e Vilaoudriz xunto con Ángel Pérez Gándaras, José Antonio Dopacio Mesa e Jesús Sampedro Vázquez.[1] Foi detido o 17 de agosto. Xulgado en Lugo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 29 de abril de 1937 con Emilio Timiraos Cervo, Eduardo Suárez García, Daniel Fernández López, Marcelino Alba Meicín, Antonio García Gómez, José María Gallo Gallo e Faustino Fernández Cartategui.[2]

Notas editar

  1. BOP Lugo, 11-11-1936, p. 3.
  2. El Compostelano, 30-4-1937, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar