Jesús Sampedro Vázquez

practicante e político galego

Jesús Sampedro Vázquez, nado na Pontenova, foi un practicante e político galego.

Infotaula de personaJesús Sampedro Vázquez
Biografía
NacementoA Pontenova Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Miguel Sampedro Villar, xefe da estación de Vilaoudriz, e Elena Vázquez Gayoso. Estudou o bacharelato no Instituto de Lugo.[1] Foi nomeado practicante do Concello de Vilaoudriz en novembro de 1931.[2] Foi secretario da Agrupación local do Partido Republicano Radical Socialista de Vilaodriz en 1933. Estaba vinculado ao sindicalismo de clase nas minas de Vilaoudriz. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité da Fronte Popular de Vilameá e Vilaoudriz constituído o día 20, xunto con Ángel Pérez Gándaras, José Antonio Dopacio Mesa e Manuel Enríquez Fernández.[3] Fuxiu e despois estivo agochado varios meses na súa casa, sen ser descuberto nos continuos rexistros que se realizaban.[4] Xulgado en Lugo, foi declarado en rebeldía. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1937,[5] e foi reclamado polo xuíz de instrución especial militar de Ribadeo en maio de 1937 xunto con Cándido Rodríguez, Antonio Ferreiro Vérez, Emilio Roncandio Vicario e José Murias Rodríguez.[6] Entregouse en 1939 e ingresou na Prisión de Lugo o 27 de maio. Xulgado en Lugo por rebelión militar o 28 de marzo de 1940 xunto con José Murias Rodríguez e Emilio Roncandio Vicario,[7] foi condenado a prisión. Saíu do Cárcere de Lugo o 4 de agosto de 1940. Volveu traballar como practicante na Pontenova nos anos corenta. Despois exiliouse en Venezuela.[8]

Vida persoal editar

Casou na Pontenova con María de las Mercedes Gallo Lamas en agosto de 1941.[9]

Notas editar

  1. Las Riberas del Eo, 6-10-1928, p. 6.
  2. El Progreso, 12-11-1931, p. 2.
  3. BOP Lugo, 11-11-1936, p. 3.
  4. La dictadura franquista, p. 40.
  5. BOP Lugo, 3-5-1937, p. 1.
  6. BOP Lugo, 2-5-1937, p. 2.
  7. El Progreso, 29-3-1940, p. 2.
  8. BOP Lugo, 19-9-1960, p. 2.
  9. El Progreso, 3-9-1941, p. 3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar