Manuel Elkin Patarroyo

Manuel Elkin Patarroyo, nado en Tolima, Colombia o 3 de novembro de 1946, é un patólogo colombiano, nacionalizado español, coñecido mundialmente polo desenvolvemento dunha vacina sintética contra a malaria.

Manuel Elkin Patarroyo
Datos persoais
Nome completoManuel Elkin Patarroyo Murillo
Nacemento3 de novembro de 1946 (77 anos)
LugarTolima, Colombia
NacionalidadeColombiano
Español
Actividade
CampoInmunoloxía
Alma máterUniversidade Yale
Universidade Nacional de Colombia
Rockefeller University
Contribucións e premios
Coñecido porVacina da malaria
PremiosPremio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica (1994)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado o 3 de novembro de 1946 na cidade colombiana de Tolima estudou medicina na Universidade Nacional de Colombia, ampliando estudos na Universidade Yale e no Instituto Rockefeller de Nova York.

Desenvolveu unha vacina sintética contra a malaria, unha doenza transmitida polo mosquito Anopheles gambiae que afecta a millóns de persoas do terceiro mundo, e que chamou SPf66. En 1999 a OMS, á cal Patarroyo cedeu os dereitos da patente, probou a vacina en Gambia, Tanzania e Tailandia, con resultados parcialmente efectivos.

En 1994, foi galardoado co Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica pola importancia da súa achega científica na programación, desenvolvemento e experimentación dunha vacina sintética contra a malaria.

Malia que en 1996 conseguiu a nacionalidade española, no presente segue a traballar no Instituto de Inmunoloxía de Colombia, que se atopa na cidade de Bogotá. Os seus estudos céntranse na mellora da vacina contra a malaria ademais da vacina contra a tuberculose, a lepra e o cancro de útero.