Manuel Eirís Cabeza
veterinario e político galego
Manuel Eirís Cabeza, nado en Sofán (Carballo) o 10 de maio de 1930 e finado no mesmo concello o 23 de outubro de 1992,[1] foi un veterinario e político galego do PPdeG.
Manuel Eirís Cabeza | |
---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1930 |
Lugar de nacemento | Sofán |
Falecemento | 23 de outubro de 1992 |
Lugar de falecemento | Carballo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e veterinario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Licenciado en Veterinaria pola Universidade de León. Foi presidente do Sindicato da Gandería durante o franquismo e xerente de GAPER e de Sociedades Agrarias de Transformación. Foi deputado no Parlamento de Galicia na I lexislatura (1981-1985). Foi elixido deputado do Congreso pola provincia da Coruña na III e IV lexislaturas (1986-1992). Foi substituído no Congreso por Belén do Campo Piñeiro en 1992.
Vida persoal editar
Casou con Florinda Puñal Carballo e foi pai de Aurora, Jesús, Ana e Luis Eirís Puñal.
Notas editar
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 24-10-1992, p. 66.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 148–150. ISBN 84-7507-044-2.