Manuel Díaz González "Ligero"

político galego

Manuel Díaz González, coñecido como Ligero, nado en Camposancos (A Guarda) o 22 de decembro de 1923 e finado na Guarda o 21 de outubro de 1989, foi un político galego do PPdeG.

Manuel Díaz González "Ligero"
AlcumeLigero
Nacemento22 de decembro de 1923
Lugar de nacementoCamposancos
Falecemento21 de outubro de 1989
Lugar de falecementoA Guarda
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi peón e albanel na empresa Moreira. Dedicouse ao estraperlo e despois ao contrabando de tabaco[1]. Logo de pasar polo cárcere de Carabanchel, foi condenado no macroxuízo 11/84[2].

Presidiu o Club Sporting Guardés. Foi Tenente Alcalde da Guarda con Raimundo Lomba González e Raúl González Puebla. Foi deputado provincial dende 1983. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular e foi elixido alcalde da Guarda con maioría absoluta, permanecendo no cargo ata o seu falecemento en 1989.


Predecesor:
Raúl González Puebla
  
Alcalde da Guarda
 
1987 - 1989
Sucesor:
Purificación Álvarez Álvarez

Vida persoalEditar

Casou con Lucía Martínez Veloso.

RecoñecementosEditar

En 1990 foi nomeado fillo predilecto da Guarda e inaugurouse un monumento na súa memoria[3][4].

NotasEditar

  1. Jabois, Manuel (18 de setembro de 2015). "La gente más honrada". El País (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2017. Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  2. Carretero, N. (2015): Fariña. Libros del K.O., páx. 40.
  3. "Homenaje al Alcalde Manuel Díaz González "Ligero"". Páxinas da Guarda. 3 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2018. Consultado o 16 de decembro de 2016. 
  4. "Antúnez Díaz inmortalizó al ex alcalde guardés Manuel Díaz", La Voz de Galicia, 20 de xaneiro de 2008 (en castelán).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar