Manuel Carballal Pena
Manuel Carballal Pena, nado en Cumeiro (Vila de Cruces) en 1898 e finado na Coruña o 15 de decembro de 1948, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 Cumeiro, España |
Morte | 15 de decembro de 1948 (49/50 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | industrial , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarTaberneiro en Vila de Cruces. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón. Xulgado e Pontevedra en consello de guerra o 9 de xaneiro de 1937 por auxilio á rebelión xunto con outros 18 republicanos de Carbia,[1] foi condenado a cadea perpetua.[2] Foi trasladado ao penal de San Cristóbal en Pamplona en maio de 1937. Sufriu expediente de incautación de bens en outubro de 1937. Participou na fuga do penal de Pamplona o 22 de maio de 1938 e foi capturado, reingresando ao día seguinte. Foille conmutada a pena a 3 anos o 12 de decembro de 1942 e volveu a Vila de Cruces. En 1948 foi novamente procesado e encarcerado, acusado de axudar á guerrilla antifranquista. Suicidouse na Prisión da Coruña o 15 de decembro de 1948.