Manuel Candocia
Manuel Candocia Ramos, nado en Cedeira en 1945 e finado na Igrexa (As Somozas) o 19 de xaneiro de 2014[1], foi un político galego, alcalde das Somozas durante máis de tres décadas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1945 Cedeira, España |
Morte | 19 de xaneiro de 2014 (68/69 anos) A Igrexa, España |
Causa da morte | infarto |
Alcalde das Somozas | |
1979 – 19 de xaneiro de 2014 (finado no cargo) – Juan Alonso Tembrás → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarFoi elixido alcalde das Somozas nas primeiras eleccións democráticas por UCD. Continuou no posto despois dos comicios de 1983 e 1987 ao encabezar as candidaturas de Coalición Galega e Coalición Progresista Galega. Nas eleccións municipais de 1991 presentouse polo PPdeG e obtivo de novo a maioría absoluta, que repetiu nas seguintes eleccións. Durante os seus mandatos construíuse o polígono empresarial das Somozas.
Propietario dun bar nas Somozas, foi tamén o presidente do club de fútbol Unión Deportiva Somozas dende 1984 ata o seu falecemento, trinta anos despois.
Predecesor: ? |
Alcalde das Somozas 1979 - 2014 |
Sucesor: Juan Alonso Tembrás |
Vida persoal
editarEra fillo de solteira[2]. Faleceu na tarde do 19 de xaneiro do 2014 mentres presenciaba o partido que enfrontaba a UD Somozas e o CCD Cerceda, a causa dun infarto.
Notas
editar- ↑ Falece o alcalde das Somozas, Manuel Candocia, mentres presenciaba un partido de fútbol Noticia en La Voz de Galicia
- ↑ "Pesar en Cedeira por la muerte de su abuela, María Candocia, a los 105 años". COPE Ferrol (en castelán). 2021-11-15. Consultado o 2021-11-25.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Entrevista en La Voz de Galicia, 6 de novembro de 2008.
- Reportaxe en El País, 19 de maio de 2011 (en castelán).