Manuel Bermúdez Couso

mestre, empresario e político galego

Manuel Bermúdez Couso, nado na Pobra de Trives o 11 de novembro de 1924 e finado na mesma vila o 20 de abril de 2010, foi un mestre, político e dirixente ourensán.

Infotaula de personaManuel Bermúdez Couso
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1924 Editar o valor em Wikidata
A Pobra de Trives, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de abril de 2010 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , empresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mestre de profesión, alternou a súa carreira docente coa política. Comezou de docente dando clase en 1951 en Ourense, e despois pasou á escola de formación do profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, con sede en Ourense, onde foi catedrático de matemáticas e logo, na década dos setenta, director. Posteriormente, traballou como inspector de ensino en Madrid. Tamén foi director da Escola de Comercio dependente da Deputación de Ourense.

En política, durante o franquismo foi deputado provincial na década dos sesenta e setenta, e xa na democracia, ingresou en Centristas de Galicia. Foi ademais nomeado vicepresidente de Caixa Ourense, e ocupou a presidencia da entidade á morte do presidente David Ferrer en 1998. Neste cargo de presidente dirixiu a fusión con Caixavigo en 1999 e polo tanto a desaparición da entidade independente, mais continuou no consello de administración da nova entidade, a partir de 2000 denominada Caixanova. Finou na Pobra de Trives o 20 de abril de 2010.[1]

Notas editar