Manuel Belón

político galego, alcalde de Cervantes durante décadas
(Redirección desde «Manuel Belón Gómez»)

Manuel Belón Gómez, nado en San Román de Cervantes o 31 de agosto de 1931 e finado en Lugo o 20 de maio de 2021,[1] foi o alcalde de Cervantes durante catro décadas.

Manuel Belón
Nacemento31 de agosto de 1931
Lugar de nacementoSan Román de Cervantes
Falecemento20 de maio de 2021
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e carteiro
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Era carteiro en Cervantes e foi designado en 1963 como alcalde de Cervantes polo gobernador civil Eduardo del Río a partir dunha terna de candidatos.[1] Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía de Cervantes e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 perdeu a alcaldía ao votaren os representantes populares polo candidato socialista, Gonzalo Álvarez. Nas municipais de 1987 presentouse pola Coalición Progresista Galega e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura da CNG e volveu ser elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE.

A partir das eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE, logrando sempre maioría absoluta e continuando como alcalde ata 2007, cando decidiu non volver presentarse.[2][3]


Predecesor:
?
  
Alcalde de Cervantes
 
1963 - 1983
Sucesor:
Gonzalo ­Álvarez Amigo
Predecesor:
Gonzalo ­Álvarez Amigo
  
Alcalde de Cervantes
 
1987 - 2007
Sucesor:
Benigno Gómez Tadín

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Varela, Suso (21 de maio de 2021). "Fallece el histórico alcalde de Cervantes, Manuel Belón Gómez". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2022. 
  2. "Manuel Belón no optará a repetir al frente del Concello de Cervantes". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2011. 
  3. Arnáiz, Ángel (25 de marzo de 2007). "El alcalde de Cervantes se va tras cuarenta años de mandato". elcorreogallego.es (en castelán). Archived from the original on 12 de setembro de 2019. Consultado o 8 de abril de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar