Manuel Barros Pérez

mestre e político galego



Manuel Barros Pérez, nado en Cambados, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaManuel Barros Pérez
Biografía
NacementoCambados Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1929, sendo estudante de Maxisterio, formou parte da Juventud Católica de Cambados e pronunciou a conferencia inaugural do Círculo de Estudios da asociación.[1][2] Foi nomeado mestre de Troáns (Cuntis) en decembro de 1934,[3] e de Baíña (Baiona) en 1935.[4] Mestre de clases particulares en Vilagarcía. En maio de 1936 figuraba como aspirante aos cursos do Maxisterio de Pontevedra.[5] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Preso na illa de San Simón, morreu na illa.

Notas editar

  1. Galicia Nueva, 24-3-1929, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 30-3-1929, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 5-12-1934, p. 12.
  4. El Pueblo Gallego, 17-1-1935, p. 11.
  5. El Diario de Pontevedra, 21-5-1936, p. 4.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar