Manuel Barreiro Rey

militar galego

Manuel Barreiro Rey, nado en Ferrol o 21 de xuño de 1913 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1939, foi un militar galego.

Modelo:BiografíaManuel Barreiro Rey
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1913 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de marzo de 1939 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3943

Traxectoria

editar

Fillo de Antonio Barreiro López, capitán de Infantaría de Mariña, e de Josefa Rey Freire. Irmán de Elvira e Antonio Barreiro Rey. En 1930, con 17 anos, ingresou voluntario como soldado no rexemento de infantaría do exército de Ferrol. Auxiliar de oficinas e arquivos da Mariña, prestaba servizos en intendencia de Mariña na base naval de Ferrol. O 8 de abril de 1936 incorporouse ao cruceiro Almirante Cervera en Cartaxena.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o buque estaba en dique seco en Ferrol, resistindo a entrega do barco aos sublevados ata o día 21, cando se viron obrigados a entregarse. Detido o mesmo día 21, foi trasladado ao buque prisión Plus Ultra o 3 de agosto e interrogado. O 21 de setembro levárono ao campo de concentración da Escollera no Arsenal, onde foi novamente interrogado. Trasladado novamente ao buque prisión Contramaestre Casado o 10 de febreiro de 1937, permaneceu alí ata o 21 de xuño de 1938, cando foi trasladado á Escollera para ser sometido a consello de guerra xunto a 62 procesados máis na causa 39/1936. Foi acusado de ocupar unha terraza preto da porta do dique, abrir esta para que entrasen paisanos que querían axudar á mariñaría para que os buques non fosen tomados polos facciosos, disparar contra a academia de maquinistas e promover a rebelión a bordo do cruceiro Almirante Cervera. Foi condenado a morte en sentenza que se fixo pública o 25 de xullo. Foi dado de baixa da armada o 24 de agosto e fusilado na Punta do Martelo do Arsenal o 14 de marzo de 1939. Foi soterrado no cemiterio de Canido de Ferrol.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar