Manuel Antón Mosteiro García
Manuel Antón Mosteiro García, nado en Bueu o 16 de maio de 1970, é un profesor e escritor galego.[1]
Manuel Antón Mosteiro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de maio de 1970 |
Lugar de nacemento | Bueu |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | catedrático e escritor |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Licenciado en Filoloxía Hispánica na Subsección Galego-Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela[2] foi profesor de Lingua e Literatura Galega no Colexio Marcote de Vigo e no Colexio Internacional Sek Atlántico de Pontevedra.[3] Foi Membro dos Xurados do Premio de Poesía Johan Carballeira, do Premio de Narrativa Blanco Amor e do Premio de Xornalismo Johan Carballeira. Colaborou no Suplemento do Morrazo do Diario de Pontevedra e en Praza Pública[4] baixo o pseudónimo 'O aletófilo do Morrazo'.[5]
Foi membro fundador e presidente da Asociación de Amigos de Johan Carballeira.[6] Colaborador da EGU.
Despois de publicar varios libros de didáctica da Lingua e Literatura Galega en Xerais, en 2020 publicou a súa primeira novela, Tres acordes para unha vella melodía, na que hai tres asasinatos en condicións semellantes, un deles do Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia.
Obra Editar
Novela Editar
- Tres acordes para unha vella melodía (2020). Ed. de autor. 182 páxs. ISBN 979-8686334335.[7]
- Tres acordes para una antigua melodía (2021). Ed. de autor. 200 páxs. ISBN 979-8527891737.
Relatos Editar
- Lerias: Memorias dun mozo de aldea (2020). Ed. de autor. 98 páxs. ISBN 9798688322835. Este conxunto de relatos teñen todos eles un fío común: o mundo rural.
Infanto xuvenil Editar
- Galacetic 3001: Á procura dun novo mundo (2020). Autoedición. 110 páxs. ISBN 979-8689911113.
- A avoa Enriqueta e a bicicleta Cleta (2021). Autoedición. 37 páxs. Ilustracións de J. Barbadilla.
Poesía Editar
- Alma de mar: XXI poemas para Alfonsina Storni (2020). Ed. de autor. 100 páxs. ISBN 9798690978709
En castelán Editar
- Pinceladas sueltas (2021). Ed. de autor. 189 páxs. ISBN 979-8573833033.
- Poemas olvidados pero deseados (2021). Ed. de autor. 79 páxs. ISBN 979-8577971984.
Edición Editar
- Os milagres de Santiago (2021). Autoedición. 208 páxs ISBN 979-8586912527. Adaptación ao galego actual.
Estudos didácticos Editar
- Traballando coa lingua. Bacharelato (2005). Xerais. 120 páxs. ISBN 978-8497823074. Con Solucionario, Xerais, ISBN 978-8483027509.
- Traballando coa lingua. 1º ciclo da ESO (2005). Xerais. 152 páxs. ISBN 978-8483026496.
- Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2005 (2005). 88 páxs. ISBN 978-84-9782-315-9.
- Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2006 (2006). Xerais. ISBN 978-8497824163.
- Lingua e literatura galega. Probas de Selectividade 2007 (2007). Xerais. 64 páxs. ISBN 978-8497825344.
- Lingua e literatura galega. Probas de Selectividade 2008 (2008). Xerais. 64 páxs. ISBN 978-8497827584.
- Lingua e literatura galega. Probas de Selectividade 2009 (2009). Xerais. 64 páxs. ISBN 978-8497829694.
- Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2010 (2010). Xerais. 80 páxs. ISBN 978-8499141435.
- Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2011 (2011). Xerais. 68 páxs. ISBN 978-8499142029.
- Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2012 (2012). Xerais. 80 páxs. ISBN 978-8499143712.
- Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2013 (2013). Xerais. 80 páxs. ISBN 978-8499145075.
- Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2014 (2014). Xerais 80 páxs. ISBN 978-8499146669.[8]
- Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2015 (2015). Xerais. 80 páxs. ISBN 978-8499148465.
- Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2016 (2016). Xerais. 80 páxs. ISBN 978-8491210597.
- ABAU 2017. Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (2017). Xerais. 80 páxs. ISBN 978-8491212331.
- ABAU 2018. Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (2018). Xerais. 84 páxs. ISBN 978-8491213734.
- Oratoria 1º-2º ESO (2019). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-8491214373.
- ABAU 2019. Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (2019). Xerais. 84 páxs. ISBN 978-8491215325.
- ABAU 2020. Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (2020). Xerais. 84 páxs. ISBN 978-8491217152.
Premios Editar
- Gañador do IX Certame de Poesía "Domingo Antonio de Andrade" convocado pola Asociación Cultural Domingo Antonio Andrade, de Cee (A Coruña)
Notas Editar
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-10-26.
- ↑ García, Manuel Antón Mosteiro. ABAU 2020. Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade.
- ↑ "MANUEL ANTON MOSTEIRO GARCIA Casa del Libro". casadellibro. Consultado o 2020-10-26.
- ↑ "A ágora do aletófilo". aletofilo.prazapublica.com. Consultado o 2020-10-26.
- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: o". www.ogalego.eu. Consultado o 2020-10-26.
- ↑ "Asociación - Asociación Amigos Johán Carballeira - Nomes e Voces". www.nomesevoces.net. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2017. Consultado o 2020-10-26.
- ↑ "«Opté por la autoedición para sacar a la luz mis novelas»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-07-12. Consultado o 2021-08-14.
- ↑ "Novidade: «Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2014», de Manuel Antón Mosteiro Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-26.