Manuel Alepuz

futbolista español
(Redirección desde «Manuel Alepuz Andrés»)

Manuel Alepuz Andrés, nado en Burjassot (Valencia) o 7 de outubro de 1917 e finado en Valencia o 13 de agosto de 2008, foi un futbolista español. Xogaba de defensa.

Manuel Alepuz
Información persoal
Nome Manuel Alepuz Andrés
Nacemento 7 de outubro de 1917
Lugar de nacemento Burjassot
Falecemento 13 de agosto de 2008
Lugar de falecemento Castelló de la Plana
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1940–1941 Valencia 3 (0)
1943–1946 Castellón 53 (0)
1946–1948 Deportivo da Coruña 36 (0)
1948–1950 Levante 38 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Na tempada 1940–41 fichou polo Valencia CF, club co que gañou a Copa do Rei esa mesma campaña.

Na tempada 1943–44 foi contratado polo CD Castellón, club no que permaneceu tres campaña, xogando un total de 53 encontros.

Na tempada 1946–47 fichou polo Deportivo da Coruña, co que descendeu esa mesma campaña a Segunda División, tendo un papel secundario. Na tempada 1947–48 logrou a titularidade da man do adestrador Luis Urquiri. Alepuz foi un habitual da defensa, xunto co vigués Antonio García, Alfredo Llana e o coruñés Pedrito. Nesta campaña participou en 24 partidos e o equipo coruñés logrou o ascenso a Primeira División como segundo clasificado, detrás do Real Valladolid.

Na tempada 1948–49 fichou polo Levante UD, de Segunda División, onde permaneceu dúas campañas.

Faleceu o 13 de agosto de 2008, aos 90 anos.[1]

Palmarés editar

Valencia

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar