Manuel Ínsua Sánchez
Manuel Ínsua Sánchez, nado na Coruña o 23 de abril de 1890[Cómpre referencia] e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1966,[1] foi un político e empresario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1890 A Coruña, España |
Morte | 11 de outubro de 1966 (76 anos) A Coruña, España |
Presidente da Deputación da Coruña | |
15 de xullo de 1932 – 9 de febreiro de 1934 ← Alfredo Somoza – Victoriano Fabeiro García → | |
Gobernador civil da provincia de Pontevedra | |
31 de outubro de 1931 – 22 de maio de 1932 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , empresario |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarProfesor mercantil e funcionario de carreira. Secretario da Juventud Republicana da Coruña en 1910[2] e membro da Irmandade da Fala da Coruña. Foi elixido concelleiro pola ORGA nas eleccións do 12 de abril de 1931. Foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 31 de outubro de 1931 permanecendo no cargo ata o 22 de maio de 1932. O 15 de xullo de 1932 foi elixido presidente da Deputación da Coruña permanecendo no cargo ata o 9 de febreiro de 1934. Foi destituído como concelleiro en outubro de 1934, ao ter lugar unha alternancia no poder no goberno do concello, sendo relevada a ORGA polo Partido Republicano Radical Socialista. Afiliouse a Izquierda Republicana e foi candidato a compromisario para a elección do presidente da República en abril de 1936. Fundador de Ínsua y Vizoso, empresa de subministracións para a construción. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, unha vez instaurada a ditadura, abandonou toda actividade política, dedicándose exclusivamente á súa actividade empresarial.
Predecesor: Alfredo Somoza |
Presidente da Deputación da Coruña 1932 - 1934 |
Sucesor: Victoriano Fabeiro García |
Vida persoal
editarCasou con Enriqueta López Freire en 1915[3].
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 12-10-1966, p. 4.
- ↑ El Noroeste, 12-12-1910, p. 1.
- ↑ El Noroeste, 13-1-1915, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Grandío Seoane, Emilio. USC, ed. "Os anos das xestoras. A Deputación da Coruña nos anos da II República (1931-1936)". SEMATA 15: 462–463. Consultado o 21 de xaneiro de 2013.
- Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7): 48. Consultado o 20 de xaneiro de 2013.
Ligazóns externas
editar- Carlos Fernández (17 de novembro de 2002). "La Diputación tuvo 5 presidentes durante la segunda República". La Voz de Galicia (en castelán).