Manto tupinamba

vestimenta sagrada do pobo tupinamba

O manto tupinamba[1] é un tipo de manto feito de plumas que data do século XVII. Foron creados polo pobo tupinamba, unha tribo indíxena tupí, que habitaba na zona costeira do actual Brasil. Esta clase de mantos están feitos de plumas de aves e fibras vexetais. O manto máis famoso e mellor conservado atópase nas coleccións dos Museos Reais de Arte e Historia, en Bruxelas. Só se conservan 11 mantos tupinambas datados no século XVI e XVII.[2] Dez deles atópanse espallados en cinco países de Europa, estando un en Bélxica, catro en Dinamarca, un en Francia, tres en Italia e un en Suíza. Un dos que estaba en Dinamarca foi devolto ao Brasil o 4 de xullo de 2024.[3]

Manto de plumas tupinamba, exposto nos Museos Reais de Arte e Historia de Bruxelas.
Acuarela do século XVI dun manto tupinamba.

Historia

editar

Os tupinambás habitaban a rexión costeira norte do Brasil antes da chegada dos portugueses. Durante o período colonial, os europeos coleccionaron avidamente a arte mesoamericana feita de plumas, a miúdo incorporándoas a gabinetes de curiosidades, abraiados polo enxeño da artesanía. Isto influíu na manufactura europea, como se viu coa produción de plumas con motivos católicos no México colonial.[4]

As capas de plumas dos tupinambas apareceron nos relatos de observadores europeos dos séculos XVI e XVII. O escritor francés André Thevet, que viviu no Brasil durante a década de 1550, escribiu sobre a súa experiencia con estes mantos. Aínda que a linguaxe, en parte, xa non é aceptable, ofrece información sobre os procesos de fabricación e uso:

"Hai moitas aves de diversas clases, con plumas estrañas, unhas vermellas coma o escarlata fino, outras brancas, cincentas e doutras cores. E con estas plumas os salvaxes ou os indios fan sombreiros e pezas de roupa, ben para cubrirse ou por fermosura. [Úsanas cando van a unha guerra [sic] ou cando teñen algunha escaramuza cos seus inimigos".[5]

  1. Definición de tupinamba no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Bleichmar, Daniela (1 de xaneiro de 2017). Visual Voyages: Images of Latin American Nature from Columbus to Darwin (en inglés). Yale University Press. p. 11. ISBN 978-0-300-22402-3. 
  3. "Raríssimo manto tupinambá que está na Dinamarca será devolvido ao Brasil; peça vai ficar no Museu Nacional". G1 (en portugués). 2023-06-28. Consultado o 2023-12-15. 
  4. Hanß, Stefan (2021). "New World Feathers and the Matter of Early Modern Ingenuity: Digital Microscopes, Period Hands and Period Eyes". En Oosterhoff, Richard; Ramón Marcia, José; Marr, Alexander. Ingenuity in the Making: Matter and Technique in Early Modern Europe. p. 194. 
  5. "A Stunning and Sacred Cape, The Huntington". huntington.org (en inglés). Consultado o 2023-05-24.