Manned Orbiting Laboratory

Manned Orbiting Laboratory, coñecido abreviadamente como MOL e tamén como KH-10 pola súa relación cos satélites de recoñecemento da NRO, foi un proxecto de estación espacial militar dos Estados Unidos da década dos anos 1960 que foi cancelado en 1969. MOL foi un proxecto da Forza Aérea dos Estados Unidos ideado tras o fracaso do proxecto de avión espacial Dynasoar.[1][2]

Representación artística dunha Gemini B separándose do MOL.

A atmosfera da estación estaría composta por helio e osíxeno. A estación sería lanzada como un todo cunha nave Gemini B acoplada e tripulada, coa vantaxe de que non sería necesario un acoplamento espacial no caso de terse lanzado por separado. Os astronautas usarían a Gemini para o regreso a terra. Os experimentos que terían sido levados a cabo desde a estación incluían recoñecemento óptico da Terra usando telescopios apuntando a terra e radar, intercepción e inspección de satélites e en xeral que utilidade práctica podería ter unha estación espacial tripulada.[1]

Despois de cancelarse o proxecto, algúns dos seus elementos de recoñecemento foron reutilizados nos satélites espías da serie KH, e os experimentos da tripulación foron realizados na estación espacial Skylab.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2011). "MOL" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  2. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-10 Dorian / MOL" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar