KH-5 (Keyhole-5) ou Argon, parte do programa Corona, foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola CIA que contou con dúas variedades.[1][2][3]

Lanzamento dun KH-5.

KH-5 baseado no Agena B editar

A primeira variedade de KH-5 estaba baseado na etapa superior do foguete Agena B, que proporcionaba control de actitude unha vez en órbita. A cápsula de retorno da película tiña o seu propio retrofoguete de propelente sólido para regresar á Terra e era recollida mentres estaba aínda no aire mediante un avión especialmente equipado. A carga útil de cada KH-5/Agena B consistía nunha única cámara Corona panorámica cunha resolución de 140 m. Lanzáronse sete KH-5/Agena B entre 1961 e 1962, todos mediante foguetes Thor Agena B, con só dúas misións (a quinta e a sétima) producindo imaxes útiles. Dous dos lanzamentos fallaron.[2]

KH-5 baseado no Agena D editar

Similares aos KH-5/Agena B, usaban unha etapa final dos Agena D como corpo do satélite. Levaban igualmente unha cámara Corona panorámica de 140 m de resolución. Lanzáronse cinco KH-5/Agena D entre 1963 e 1964 usando Thor Agena D, un deles fallando por problemas no foguete lanzador.[3]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2][3] Data de lanzamento[1][2][3] Foguete lanzador[1][2][3] Notas[1][2][3]
KH-5 1 17 de febreiro de 1961 Thor Agena B Éxito. Modelo KH-5/Agena B.
KH-5 2 8 de abril de 1961 Thor Agena B Éxito. Modelo KH-5/Agena B.
KH-5 3 8 de xuño de 1961 Thor Agena B Fallo. Modelo KH-5/Agena B.
KH-5 4 21 de xullo de 1961 Thor Agena B Fallo. Modelo KH-5/Agena B.
KH-5 5 15 de maio de 1962 Thor Agena B Éxito. Modelo KH-5/Agena B.
KH-5 6 1 de setembro de 1962 Thor Agena B Éxito. Modelo KH-5/Agena B.
KH-5 7 9 de outubro de 1962 Thor Agena B Éxito. Modelo KH-5/Agena B.
KH-5 8 26 de abril de 1963 Thor Agena D Fallo. Modelo KH-5/Agena D.
KH-5 9 29 de agosto de 1963 Thor Agena D Éxito. Modelo KH-5/Agena D.
KH-5 10 29 de outubro de 1963 Thor Agena D Éxito. Modelo KH-5/Agena D.
KH-5 11 13 de xullo de 1964 Thor Agena D Éxito. Modelo KH-5/Agena D.
KH-5 12 21 de agosto de 1964 Thor Agena D Éxito. Modelo KH-5/Agena D.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "KH-5" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-5 Argon (Agena-B based)" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-5 Corona (Agena-D based)" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar