Agena (foguete)

(Redirección desde «Agena D»)

Agena, formalmente denominado RM-81 segundo a súa designación misilística, é o nome dunha familia de foguetes estadounidenses usados como etapa superior de varios lanzadores, entre eles o Thor, o Atlas e o Titan.[1]

Un Agena A.

Historia editar

No ano 1955, a Forza Aérea comezou o programa WS-117L (Weapons System 117L), consistente no desenvolvemento dun sistema de satélites estratéxico, inicialmente adicado ó recoñecemento óptico desde o espazo. En outubro de 1956, a compañía Lockheed gañou o concurso relacionado co programa e converteuse no contratista principal. O elemento principal do programa sería unha nova nave multipropósito con motores de manobra e desprazamento e que sería usada como segunda etapa do foguete lanzador así como transportador do sistema de recoñecemento. A etapa Agena sería desenvolvida basándose no motor foguete de propelente líquido Bell XLR81 e foi coñecido inicialmente como Hustler debido a que o motor foi deseñado orixinalmente para unha cápsula armamentística a reacción para o bombardeiro B-58 Hustler. O motor alimentábase con ácido nítrico e UDMH.[1]

Variantes editar

Houbo catro versións do foguete Agena: A, B, C e D. Das catro, voaron tres. A versión C tería consistido nun foguete do dobre de capacidade en órbita, pero non chegou a ser construída.[1]

Variante Motor Pulo Tempo de combustión Lonxitude Diámetro Peso Foguetes Número de lanzamentos
Agena A Bell 8048 (Bell XLR81-BA-5)[1] 69 kN[1] 120 segundos[1] 5,94 m[1] 1,52 m[1] 3850 kg (2945 kg de propelente)[1] Atlas, Thor[1] 20[1]
Agena B Bell 8081 (Bell XLR81-BA-7) / Bell 8096 (XLR81-BA-9)[1] 71 kN[1] 240 segundos[1] 7,56 m[1] 1,52 m[1] 7160 kg (6115 kg de propelente)[1] Atlas, Thor[1] 76[1]
Agena D Bell 8096 (Bell XLR81-BA-9, Bell 8247 no Agena Target Vehicle)[1] 71 kN[1] 265 segundos[1] 7,56 m[1] 1,52 m[1] 7160 kg (6115 kg de propelente)[1] Atlas, Thor, Thorad, Titan IIIB[1] 269[1]

Agena A editar

 
Diagrama dun Agena B.

O primeiro Agena lanzouse sobre un foguete Thor en xaneiro de 1959 e terminou en fracaso, pero o segundo intento, o 28 de febreiro dese mesmo ano, finalizou con éxito ó poñer en órbita o satélite de recoñecemento Discoverer 1 do sistema KH-1 nunha órbita polar. Os primeiros modelos do Agena eran propulsados pola variante Bell XLR81-BA-3 do motor foguete, pero posteriores foguetes usaron a variante XLR81-BA-5 (Bell modelo 8048). As tobeiras do motor podíanse mover en cabeceo e guiñada grazas a uns cardáns.[1]

Agena B editar

O Agena B levaba un motor mellorado XLR81-BA-7 engine (Bell modelo 8081) que podía ser reencendido no espazo. Era máis groso que o Agena A para levar máis propelente, duplicando o tempo de encendido (240 segundos). Unha vez posto en órbita ao Agena B aínda lle quedaba propelente dabondo para manobrar, características necesaria nunha plataforma de recoñecemento. Unidades posteriores do Agena B usaban un motor XLR81-BA-9 (Bell modelo 8096), aumentando o pulo do foguete. Xunto co propulsor Atlas foi usado para satélites Midas e Samos.[1][2]

A maior parte dos Agena B foron usados para lanzar satélites de recoñecemento do tipo KH.[1]

Agena D editar

 
O Agena D usado durante o programa Gemini.

Foi a variante que máis lanzamentos fixo. Tratábase basicamente dun Agena B mellorado que podía lanzar unha maior variedade de cargas e ser usado con outros tipos de foguetes como primeira etapa. Foi o foguete usado durante o programa Gemini como vehículo obxectivo das cápsulas tripuladas Gemini.[1][3]

Xunto cos foguetes Thor, Atlas e Titan foi usado na súa maior parte para lanzar satélites de recoñecemnto KH, pero Atlas lanzou tamén o Gemini-Agena e as sondas do programa Mariner.[1]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 Mark Wade (2011). "Agena A" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2012. 
  2. Mark Wade (2018). "Agena B" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2018. 
  3. Mark Wade (2018). "Agena D" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar