Maneo

baile acompañado de canto e pandeiretas

O maneo é un baile derivado da xota, propio da comarca de Bergantiños e da zona occidental da de Ordes (Trazo e Tordoia). Musicalmente acompáñase só de canto e pandeiretas.

Maneo
Orixe culturalGalicia Galicia
Zona de conservaciónBergantiños
Instrumentos típicospandeireta
Derivado deXota

Características editar

Bailase en dúas liñas de bailadores, de unha ou máis parellas, que bailan en espello. Os puntos son improvisados por un dos bailadores, o guía, e imitados a continuación polo resto. Ten dúas partes ben diferenciadas: punto e volta. O cambio entre as partes márcase na pandeireta cunha secuencia de toques fortes e secos:

  • Na primeira parte, onde se canta a cantiga ou copla, a pandeireta presenta diferentes toques dependendo da área xeográfica.[1] Porén, existe unha variante simple característica do maneo no que as dúas primeiras partes do ritmo se fan coas ferreñas e a terceira batendo na man.[2] É nesta etapa na que se executan os puntos do baile. Os puntos do maneo diferencianse dos da xota na presenza duns "arrastrados" que levan sempre un tempo sincopado inicial. Son movementos sutís dunha grande elegancia nos que non se estilan os grandes saltos, aínda que en ocasións, hai voltas e longos desprazamentos.
  • Na segunda parte, o retrouso, a pandeireta interpreta unha xota de catro[3] ou cinco toques[4], e os bailadores pasan á volta. Esta pode ser en roda (bailando circularmente) ou en "taboa", xirando as liñas en paralelo sobre un punto central.

Notas editar

  1. Xurxo Fernandes (2017). Aula de maneo con Xurxo Fernandes - Introdución ao baile. Ardelloeixo Foliadas Da Coruña. p. 30s. 
  2. Óscar Suárez (2020). Ritmo de "Maneo" (Iniciación Pandeireta). Youtube (EduMúsica Gal). p. 1m. 44s. 
  3. "Curso de pandeireta galega. Xota Curta- Xurxo Fernandes". youtube.com. Consultado o 25/02/2018. 
  4. "Pandeireta Galega: Ritmo Básico de Xota (Longa)- Eric Feles". Youtube.com. Consultado o 25/02/2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar