Maliina Abelsen

política groenlandesa

Maliina Abelsen, nada en Nuuk o 28 de novembro de 1976, é unha expolítica groenlandesa e deputada do partido Inuit Ataqatigiit (IA). Foi a directora xeral dos Xogos de Inverno do Ártico de 2016 e ocupou o cargo de Ministra de Finanzas no Goberno de Groenlandia[1] (en groenlandés: Naalakkersuisut) de 2011 a 2013.[2] Entre xuño de 2009 e marzo de 2011, Abelsen ocupou o cargo de Ministra de Asuntos Sociais no Goberno de Groenlandia. Dende 2020, Abelsen é xestora de programas de UNICEF Dinamarca en Groenlandia.[3]

Infotaula de personaMaliina Abelsen
Biografía
Nacementofebreiro de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Nuuk Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGroenlandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Macquarie (pt) Traducir - política, social science methodology (en) Traducir, socioloxía (2001–2002)
Universidade de Copenhague - socioloxía (1997–2004) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , socióloga Editar o valor em Wikidata
Partido políticoInuit Ataqatigiit Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Abelsen naceu en 1976 en Nuuk, a capital de Groenlandia, e reside alí con dous fillos e un marido. Abelsen posúe un mestrado en Políticas e Ciencias Sociais Aplicadas (Macquarie University, Sydney), Cand.Scient.Soc. (Universidade de Copenhague, Sociologisk Institut).[3] Anteriormente traballou no Alto Comisionado para os Dereitos Humanos (ACNUR - Xenebra), no Departamento de Asuntos Exteriores de Nuuk, no Centro de Documentación sobre Xuventude e Infancia (MIPI - MIO). Abelsen é membro do consello do Programa de Asociacións de Pobos Indíxenas das Nacións Unidas.

Notas editar

  1. "Statistics Greenland". Consultado o 21 de marzo de 2024. 
  2. "Ministry of Finance". Arquivado dende o orixinal o 2013-01-29. Consultado o 2013-01-17. 
  3. 3,0 3,1 Fjeldberg, Anders (25 de agosto de 2022). "Maliina Abelsen var den første grønlænder på Sociologisk Institut". Uniavisen. Consultado o 3 de novembro de 2022.