Malampa
Malampa é unha das seis provincias de Vanuatu, situada no centro do país. Consta de tres illas principais: Malakula, Ambrym e Paama, e toma o seu nome da primeira sílaba dos seus nomes. Inclúe outras illas: as pequenas illas de Uripiv, Norsup, Rano, Wala, Atchin e Vao fronte á costa de Malakula, e a illa volcánica de Lopevi (actualmente deshabitada). Tamén se inclúen as Illas Maskelynes e algunhas illas máis pequenas ao longo da costa sur de Malakula.
Provincia de Malampa | ||
---|---|---|
| ||
Estado | ![]() | |
Capital | Lakatoro | |
• Total | 2779 km² | |
• Total | 36,722 (2009 censo) hab. | |
• Densidade | n/d | |
Código ISO | n/d | |
PoboaciónEditar
Ten unha poboación de 36.722 habitantes (censo de 2009)[1] persoas e unha superficie de 2.779 km2. A súa capital é Lakatoro en Malakula.
IllasEditar
Nome | Poboación | Superficie en km2 |
---|---|---|
Akhamb | 646 | |
Ambrym | 7,275 | 678 |
Arseo | 0 | |
Atchin | 738 | |
Avock | 241 | |
Khoti | 14 | |
Lopevi | 0 | |
Malakula | 22,934 | 2,041 |
Illas Maskelynes | 1,022 | |
Norsup | 88 | |
Paama | 1,627 | |
Rano | 304 | |
Tomman | 253 | |
Uri | 28 | |
Uripiv | 384 | |
Vao | 898 | |
Wala | 270 |
NotasEditar
- Referencias
- ↑ 2009 Census Summary release final Arquivado 2013-12-21 en Wayback Machine. - Government of Vanuatu
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Malampa |