Lopevi (ou Lopévi) é unha illa deshabitada na provincia de Malampa, Vanuatu. Atópase ao sueste de Ambrym e ao leste de Paama. Consiste nos 7 km de ancho do cono do volcán activo do mesmo nome.[1] Alcánza unha altura de 1.413 m sobre o nivel do mar, o punto máis alto no centro de Vanuatu. entrou en erupción polo menos 22 veces desde 1862. A illa foi habitada antes, pero en 1960 a poboación trasladouse ás próximas illas de Paama ou de Epi polo perigo recorrente.

Lopevi
Localización
Lopevi, mapa
Situación
PaísVanuatu
ProvinciaMalampa
ArquipélagoNovas Hébridas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas16°30′24″S 168°20′45″L / -16.50667, -168.34583
Xeografía
XeoloxíaVolcánica
Superficie29 km²
Punto máis alto1.413 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada
Densidadehab/km² hab./km²

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar