MV Britannic (1929)

O MV Britannic (Motor Vessel Britannic), Tamén coñecido como RMS Britannic (Royal Mail Ship Britannic) foi o terceiro transatlántico da White Star Line en levar dito nome. Foi construído nos estaleiros de Harland and Wolff na cidade norteirlandesa de Belfast. Botouse o 6 de agosto de 1929 e era case idéntico ó MV Georgic. Contaba cun motor diésel e desprazaba unhas 26 943 toneladas. No momento en que foi botado, era o barco británico de motor máis grande xamais construído.

MV Britannic
Historial
Estaleiro Harland and Wolff, Belfast Reino Unido Reino Unido
Tipo Transatlántico
Operador White Star Line (1929-1934)
Cunard White Star Line (1934-1950)
Cunard Line (1950-1960)
Botado 6 de agosto de 1929
Viaxe inaugural 28 de xuño de 1930
Baixa 1960
Características xerais
Desprazamento 26 943 toneladas
Eslora 217 metros
Manga 25 metros
Velocidade 18 nós
Capacidade 1553 persoas

Traxectoria editar

Primeiras viaxes editar

O Britannic realizou a súa primeira viaxe na ruta Liverpool-Belfast-Glasgow-Nova York, o 28 de xuño de 1930. Polo xeral pasou os veráns na ruta do Atlántico Norte, mentres que nos veráns adicabase a ruta no Caribe. Estivo realizando este servizo ata que a White Star Line pasou a formar parte da Cunard White Star en 1934. No ano 1935, pasou a ruta Londres-Nova York na que estivo ata o comezo da segunda guerra mundial.

Segunda guerra mundial editar

Durante a guerra, o Britannic adicouse ao transporte de tropas, transportando uns 180 000 soldados durante toda a contenda. No ano 1948 volveu a ruta Londres-Nova York.

Servizo durante a posguerra editar

En 1950, a Cunard White Star pasou a ser coñecida de novo como Cunard Line, deixando ó Britannic e ó Georgic como os únicos barcos en servizo da antiga White Star Line. Ambos os dous seguiron realizando as súas viaxes baixo a bandeira da desaparecida empresa durante o resto do seu servizo.

En xuño de 1950, o Britannic colidou co buque dos Estados Unidos, Pioneer Land.

A última viaxe editar

As últimas viaxes do Britannic realizaronse na ruta Liverpool-Nova York, sendo o último transatlántico con bandeira da White Star Line en realizala[1] en novembro de 1960. A derradeira saída de Nova York realizouna o 25 de novembro de 1960, e arribou a Liverpool o 2 de decembro. A última saída dun barco da White Star Line desde Liverpool foi realizada polo Britannic o 16 de decembro de 1960. Ese mesmo ano, o Britannic foi retirado do servizo debido a fallos nos motores.

Notas editar

  1. "RMS Britannic on White Star Line Archives 1931". Chriscunard.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2008. Consultado o 2009-07-16. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar