MFK KPRF

club de fútbol sala ruso

O MFK KPRF (en ruso: МФК КПРФ) é un club de fútbol sala ruso, con sede en Moscova, e que milita na Superliga rusa. O equipo foi fundado en 2003 no seo do Partido Comunista da Federación Rusa (KPRF) e xoga os seus partidos como local no pavillón SK Yunost da cidade de Klimovsk, no óblast de Moscova. As cores do club son o vermello e o segundo uniforme é o branco.

KPRF
NomeMFK KPRF
Fundación2003
EstadioSK Yunost, Klimovsk, Moscova,
Presidente Ivan Melnikov
Adestrador Besik Zoidze
LigaSuperliga de Rusia
2020/21
Na rede
http://www.mfc-kprf.ru/
Titular
Alternativo

Historia editar

O equipo de fútbol sala do Partido Comunista da Federación Rusa (KPRF) foi fundado en 2003 cando, antes das eleccións á Duma Estatal, o Partido Ruso da Vida organizou un torneo de fútbol sala entre distintos partidos políticos rusos, no que competiron representantes comunistas, as xuventudes de Rusia Unida, a Unión de Forzas de Dereita, os socialdemócratas de Iábloko e o ultranacionalista Partido Liberal-Demócrata de Rusia de Vladimir Zhirinovskii. A vitoria foi para o KPRF, que decidiu darlle continuidade ao equipo.[1]

Comezou a competir no campionato de Moscova, e trala chegada de xogadores de renome como Arkadii Beli, Alexandr Verizhnikov, Mikhail Markin ou Ilia Samokhin, o equipo acadou o ascenso á segunda división do fútbol sala ruso.[1] Na tempada 2010/11 proclamáronse campións e ascenderon á Superliga, a máxima categoría do país. Na tempada 2015/16, co adestrador Vadim Iashin no banco, o club alcanzou por primeira vez os playoffs da liga, ao rematar na cuarta posición a tempada regular. Caeu finalmente nos cuartos de final, pero logrou clasificarse de novo para os playoffs nos seguintes anos.

Na tempada 2018/19 acabou a competición regular como segundo clasificado, só por detrás do MFK Gazprom-Ugra de Iugorsk, e chegou ata a final dos playoffs, onde se proclamou subcampión, tras perder contra o MKF Tiumen. Ao ano seguinte proclamouse campión de liga despois de ser primeiro na fase regular e de derrotar na final ao Gazprom-Ugra. Ademais debutou na Champions League, chegando ata as semifinais, onde foi eliminado polo FC Barcelona na quenda de penaltis.[2] Na campaña 2020/21 acadou os cuartos de final da Champions League, onde caeu fronte ao Sporting de Portugal.[3]

Palmarés editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Historia do club". mfc-kprf.ru (en ruso). Consultado o 13 de outubro de 2021. 
  2. "Barça - KPRF: ¡Con suspense, a la final! (3-3) (penaltis, 5-4)" (en castelán). 9 de outubro de 2020. Consultado o 13 de outubro de 2021. 
  3. "Movistar Inter resiste ante Ugra y se medirá en semifinales de la Champions al Sporting de Lisboa". COPE (en castelán). 29 de abril de 2021. Consultado o 13 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar