Lorenzo Jerald Patterson (MC Ren), nado o 14 de xuño de 1969 en Compton (California), é un rapeiro e produtor estadounidense.

MC Ren
Nome completoLorenzo Jerald Patterson
Data nacemento14 de xuño de 1969 (54 anos)
Nado enCompton (California)
Estados Unidos de América Estados Unidos
OcupaciónRapeiro
XéneroRap
Selo(s) discográfico(s)Ruthless
Relacionado conN.W.A.
Tempo en activo1986 - Presente
PseudónimoMC Ren
Na rede
https://www.mcrencpt.com/
IMDB: nm1059294 Twitter: realmcren Instagram: realmcren Spotify: 4fbyGOEjViyE97W58eGEgU iTunes: 471361 Last fm: MC+Ren Musicbrainz: a6f5f408-e37e-444a-a0dc-ea41a152dfcf Songkick: 71173 Discogs: 100748 Allmusic: mn0000401512 Deezer: 16445 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu e medrou en Compton, e logo de rematar o último ano no instituto Domínguez de Compton, formou parte do grupo de gangsta rap N.W.A.. Contribuíu contundentemente no álbum Straight Outta Compton (1989), e converteuse nun membro moito máis importante tras deixar o grupo Ice Cube en 1989.

N.W.A. converteuse no primeiro grupo de gangsta rap en conseguir éxito comercial. Con todo, como o álbum Efil4zaggin foi Nº1 nas listas de Billboard en 1991, o conflito financeiro entre Dr. Dre e Ruthless Records conduciu á disolución do grupo. MC Ren posteriormente gravaría o seu álbum debut coa axuda de Eazy-E en 1992, titulado Kizz My Black Azz. Sorprendentemente, con pouca promoción comercial, o disco foi platino. O que ía ser o seu seguinte álbum, Life Sentence, non foi lanzado e MC Ren converteuse ao islam orientado por DJ Train, o seu DJ. En 1993 lanzou o álbum Shock of the Hour.

Chegarían tempos difíciles para Ren tras a morte de DJ Train pouco antes do lanzamento do disco The Villain in Black en 1996. Antes de abandonar Ruthless Records, Ren gravou Ruthless For Life en 1998, demostrando unha digna reaparición. Apareceu no tema "Some L.A. Niggaz" do álbum 2001 de Dr. Dre, aínda que soamente falou na intro e en realidade non chegou a rapear na canción.

Nesta época, Ren pasou desapercibido na escena, aínda que aparecendo en cancións de artistas coma Ice Cube, Kurupt, Snoop Dogg, Paris ou Cypress Hill entre outros. Tamén deixouse ver no álbum de 2006 de Public Enemy, titulado Rebirth of a Nation.

En 2009, MC Ren finaliza o seu quinto álbum de estudio titulado Renincarnated, que foi lanzado baixo o seu propio selo discográfico Villain Entertainment o día 31 de outubro de 2009.

Discografía editar

  • Kizz My Black Azz (1992) [Ruthless]
  • Shock of the Hour (1993) [Ruthless]
  • The Villain in Black (1996) [Ruthless]
  • Ruthless for Life (1998) [Ruthless]
  • Lost In The Game - BSO (2004) [Villain Entertainment]
  • Renincarnated (2009) [Villain Entertainment]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar