María Luz Pintos Peñaranda

profesora universitaria e filósofa galega
(Redirección desde «M. L. Pintos Peñaranda»)

María de la Luz Pintos Peñaranda, nada en Santiago de Compostela o 17 de maio de 1956, é unha filósofa galega, profesora na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela.

Infotaula de personaMaría Luz Pintos Peñaranda

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFenomenoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofa , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (1979–) Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1327300 Dialnet: 273216

Traxectoria

editar

Licenciouse na Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, na primeira promoción da licenciatura (1973-1978). Comezou a carreira docente na USC en 1979 e, en 2024 foi profesora titular na Facultade de Filosofía, na área de Filosofía.

Principais influencias

editar

O seu campo de interese é a filosofía contemporánea, concretamente, o movemento fenomenolóxico no que foi introducida polo fenomenólogo Javier San Martín Sala, profesor co que se doutorou cunha tese titulada La historicidad de la conciencia en Merleau-Ponty (1989).[1] A súa traxectoria investigadora, dentro da Fenomenoloxía, está marcada pola crítica da cultura husserliana e pola recuperación da experiencia vivida, da corporalidade e da intersubxectividade, temas que tomou sempre como punto de partida para aplicar a perspectiva fenomenolóxica a distintos problemas da nosa actualidade como o feminismo, o racismo e a xenofobia, a recuperación da empatía emocional no suxeito, a reivindicación dun pensamento e acción ecolóxicos e a fundamentación ontolóxica do animal non humano como suxeito como baseamento para un cambio de valoración e de actuación.

O seu interese pola temporalidade comezou coa lectura na adolescencia de Confessiones, de Agostiño de Hipona, confirmado facendo os seus estudos universitarios de Filosofía, no encontro con Bergson e a prefenomenolóxica experiencia da durée no libro Essai sur les données inmédiates de la conscience.

O coñecemento desta forma de entender a experiencia temporal levouna a Sein und Zeit de Heidegger, da man do que entrou no eido do movemento fenomenolóxico, e co que pudo profundar, dende o punto de vista ontolóxico, na temporalidade e na historicidade. Obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura cunha tesiña sobre A temporalidade na filosofía de Martin Heidegger.

Outras influencias foron Nietzsche, Marx, Freud e os primeiros integrantes da Escola de Frankfurt polo seu desenmascaramento de aspectos negativos da nosa cultura e porque converxen –polo menos parcialmente– coa crítica da cultura husserliana.

Liñas de investigación e orientación da docencia e da súa obra

editar
  • Temas fenomenolóxicos: Corporalidade, corporalidade perceptiva e empático-emotiva, intersubxectividade, temporalidade, historicidade, espacialidade.
  • Temas relacionados co seu deber de compromiso como intelectual e como aplicación da Fenomenoloxía: crítica da cultura obxectivista, a globalización da cultura posmoderna, a xustiza entre humanos, a relación entre humanos e animais non humanos, feminismo, racismo e xenofobia, belicismo, refuxiados, aceleración do cambio climático e ecoloxismo.

Publicacións

editar

Libros (coedición de libros e monográficos de revistas)

editar
  • Pintos Peñaranda, María Luz (coord.); González López, José Luis (1998). Congreso Fenomenología y Ciencias Humanas (en castelán). Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones. ISBN 84-8121-677-1. 
  • Pintos Peñaranda, María Luz (2008). Merleau-Ponty desde la fenomenología. En su primer centenario (1908-2008) (en castelán). Madrid: UNED. 

Obras colectivas

editar
  • Pintos, Mª Luz (2021). "A Antropoloxía Filosófica. Unha obriga mirada cara aos demais seres vivos". En Agís Villaverde, Marcelino; Barcia González, Javier; Carolo Tosar, Rocío; Iglesias Varela, Alba (coords.). Mª Luz Pintos, fenomenóloga: Liber Amicorum. A Coruña: Hércules de Ediciones. pp. 169–180. ISBN 978-84-123871-1-7. 
  • Pintos Peñaranda, María Luz (2018). "El pensamiento fenomenológico-existencial de Merleau-Ponty ante el materialismo histórico de Marx". En Díaz Álvarez, Jesús M.; Lasaga Medina, José. La razón y la vida: escritos en homenaje a Javier San Martín (en castelán). Trotta. pp. 244–250. ISBN 978-84-9879-752-7. 
  • Pintos Peñaranda, María Luz (2018). "Nuestra ceguera en el debate sobre los otros animales y sus derechos: fundamentación fenomenológica del "sujeto" animal". En Parcero Oubiña, Oscar; González Fernández, Martín; Jorge (coords.), Cendón Conde. L' Homme-machine Filósofos, animais & máquinas: Homenaxe ao Profesor Dr. D. Luis Rodríguez Camarero: Leccións do mestre e libro dos amigos (en castelán). V.N. Familiçao: González Fernández. pp. 277–328. ISBN 9789897553639. 
  • Pintos, María Luz (2011). "Aron Gurwitsch: Un modelo de cómo servirse de Husserl como modelo para movernos hacia una actitud ecologista". En Copoeru, Ion; Kontos, Pavlos; Serrano de Haro, Augustin. Phenomenology (vol. 3: Selected Essays from the Euro-Mediterranean Area: The Horizons of Freedom) (en castelán). Editorial Board. pp. 341–367. ISBN 9789731997674. 
  • Pintos Peñaranda, Mª Luz (2010). "Fenomenología, género y paz". En Comins Mingol, Irene; París Alber, Sonia (coords.). Investigación para la paz: estudios filosóficos (en castelán). Barcelona: Icaria Editorial. pp. 51–72. ISBN 978-84-9888-276-6. 

Artigos

editar
  • Pintos Peñaranda, María Luz (2018). "Laudatio et Gratitudo. To Lester E. Embree: For his Worth as a Person, as a Leader and as a Phenomenologist". Investigaciones fenomenológicas: Anuario de la Sociedad Española de Fenomenología (en inglés) (7): 103–128. ISSN 1137-2400. 
  • Pintos Peñaranda, María Luz (2010). "Cuestionamiento y redefinición de los viejos conceptos de intersubjetividade interculturalidad. Fenomenología en el siglo XXI". Investigaciones fenomenológicas: Anuario de la Sociedad Española de Fenomenología (en inglés) (7): 125–150. ISSN 1137-2400. doi:10.5944/rif.7.2010.5533. 
  • Pintos Peñaranda, Mª Luz (2010). "Fenomenología de la corporeidad emotiva como condición de la alteridad". Investigaciones fenomenológicas: Anuario de la Sociedad Española de Fenomenología (2): 141–168. ISSN 1885-1088. doi:10.5944/rif.2.2010.5577. 
  • Pintos Peñaranda, Mª Luz (2007). "Gurwitsch, Goldstein, Merleau-Ponty. Análisis de una estrecha relación". Contrastes: revista internacional de filosofía (12): 189–215. ISSN 1136-4076. doi:10.24310/CONTRASTESCONTRASTES.V12I0.1440. 
  1. "Mª DE LA LUZ PINTOS PEÑARANDA". investigacion.usc.gal. 2 de xullo de 2024. Consultado o 24 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar