Confessiones (en galego As confesións) é unha obra de Santo Agostiño escrita cara ao ano 400. Está é a obra fundamental de Santo Agostiño e xunto con De Civitate Dei constitúen unha testemuña dramática da época e as persecucións cristiás, pero As confesións é sobre todo a historia da apaixonante aventura espiritual da conversión e a busca de Deus reunindo a sabedoría pagá e o pensamento cristiá. A súa obra está inspirada nun pensamento poderoso e un gran corazón, é conmovedora porque é sincera, o autor ensínanos que se atopaba cativo nos desexos e a aspiración da súa alma de unirse con Deus.

Bautismo de Agostiño de Hipona por Santo Ambrosio. Benozzo Gozzoli.

Obxectivo e estrutura da obra editar

A obra foi escrita para espertar cara Deus o entendemento e o corazón do home, segundo manifesta o propio autor. Está composta por trece libros, e divídese en dúas partes. A primeira parte comprende do libro I ao X, e nela o autor relata a súa vida ata a conversión ao cristianismo. A segunda parte comprende os libros do X ó XIII e é máis especulativa.

Libro I editar

Neste libro o autor opón o ben e o mal, e está marcado polo pecado. Para Santo Agostiño ninguén está libre de pecado, nin sequera os nenos, o que demostra exemplificando coa súa nenez, di que prefería o agradable, era celoso, orgulloso, mentireiro e tramposo. Con isto demostra que a súa alma estaba corrompida dende a nenez.

Libro II editar

Aquí segue a análise do pecado, concepto que o propio autor concibe como unha desviación do ben ou unha perversidade. Para Santo Agostiño o pecado só é unha maneira falaz de afirmar a liberdade. Afirmar a liberdade do espírito é un ben, pero sempre e cando esta non dane nin o individuo nin a outros.

Libro III editar

Neste libro Santo Agostiño conta como na súa xuventude se deixa levar pola vaidade, que o leva a entregarse á concupiscencia e á libertinaxe. Experimenta o pracer de contemplar os males, e ó mesmo tempo descobre a filosofía, é dicir, o amor á sabedoría.

Decepciónase da Biblia e é seducido pola doutrina maniquea, déixase levar pola concepción dualista do ben e o mal que lle ofrece a explicación do pecado.

Libro V editar

Neste libro o autor relata os feitos cotiáns da súa infancia e adolescencia, dominados pola satisfacción dos sentidos, tamén intenta retratarse dicindo que era un ser ardente e sensual, escravo dos sentidos e di que aspira á purificación.

A morte dun amigo lévao a unha reflexión filosófica sobre a natureza do mal metafísico, que é un mal por relación con nós máis un ben con relación ás finalidades do universo.

Despois cuestiónase a teoría maniquea e afástase da retórica. Neste momento escoita os sermóns de Santo Ambrosio, que o deixan conmocionado.

Libro VI editar

Aínda atrapado nos praceres da carne chega a conclusión de que só o medo á morte e ó xuízo de Deus o poden salvar.

Libro VII editar

Os neoplatónicos comezan a inculcarlle a idea dun deus abstracto, sen forma, sen corpo e ilimitado, e a pesar de que a noción do amor non está aquí é un libro esencial.

Libro VIII editar

Liberado da antiga imaxe de Deus, elévase ata o Deus cristián, infinitamente bo e grande. Prodúcese a súa conversión ao cristianismo e Santo Agostiño anúnciallo á súa nai, Santa Mónica.

Libro IX editar

A partir deste libro o autor relata o estado de éxtase que o conducirá cara ó bautismo. Neste libro Santo Agostiño tamén relata un coloquio místico coa súa nai.

Libro X editar

Con este libro comeza a parte especulativa, que se centra no problema do coñecemento de Deus. A razón para Santo Agostiño non pode concibir a Deus posto que os sentidos son limitados. Deus é eterno e está fora do tempo, mentres que o home é temporal.

Libro XI editar

Neste libro segue coa reflexión do tempo, que diferencia a Deus do home. Para Santo Agostiño hai tres nadas: o pasado, é dicir, o que xa non é; o futuro que aínda non é; e o presente que é unha mestura dos dous anteriores.

Despois disto chega a conclusión de que só Deus pode ser considerado un continuo presente.

Libro XII editar

Neste libro fai unha reflexión das verdades e das interpretacións da Biblia (as santas escrituras). Aquí o autor fala sobre a creación, que para el non é ningún problema pois Deus creounos da materia informe e a partir do nada.

Libro XIII editar

Aquí Santo Agostiño da a súa opinión sobre o coñecemento de Deus, que se apoia en tres certezas: o home é, sabe que é e quere ser, símbolos que se encontran na Trindade: o Pai, o Fillo e o Espírito Santo.

Traducións editar

Esta obra non está aínda traducida ao galego.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Huisman, Denis (2002). Diccionario de las mil obras clave del pensamiento. Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-2978-9. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar