Músculos romboides

Os músculos romboides son dous músculos do membro superior humano, pertencentes ao ombreiro. Insírense na parte interna da columna vertebral e descenden cara a fóra, ata insertarse na escápula, por debaixo da inserción do músculo elevador da escápula.

O romboide menor orixínase na parte inferior do ligamento nucal e nas apófises espiñentas C7 e T1. Pola súa banda, o romboide maior insírese máis abaixo, nas vértebras T2 a T5 e no ligamento supraespiñento disposto entre eles. Despois descende cara a fóra, ata inserirse na escápula, na parte posterior, entre a espiña e o ángulo inferior.

Ambos músculos están innervados polo nervio dorsal da escápula, que é unha póla do plexo braquial, e por pólas directas dos nervios espiñais procedentes das raíces anteriores da medula espiñal.

Teñen a mesma función, elevar e retraer a escápula.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).