Músculo elevador da escápula


O músculo elevador da escápula[1] ou angular da omoplata é un músculo do membro superior humano, pertencente á rexión do ombreiro. Orixínase nas apófises transversas das vértebras cervicais primeira e segunda e nos tubérculos posteriores das apófises transversas das vértebras C3 e C4.

Músculo elevador da escápula
Músculos que unen a extremidade superior á columna vertebral. O elevador da escápula é visíbel na parte superior dereita, no colo.
Músculos do pescozo. O elevador da escápula é visíbel no centro, na esquerda.
Latín Musculus levator scapulae
Gray's subject #121 435
Orixe Apófises transversas de C1-C4
Inserción    Ángulo superior da escápula
Vascularización C
Innervación C3-C4 e nervio dorsal da escápula (C5)
Accións Eleva a escápula e inclina a cavidade glenoide inferiormente

Insírese na superficie posterior do bordo medial da escápula, dende o ángulo superior ata a espiña da escápula.

Función editar

O elevador da escápula eleva a este mesmo óso. Non ten outras funcións de interese.

Innervación editar

O músculo está innervado polo nervio dorsal da escápula e polos nervios espiñais de C3 e C4 directamente.

Imaxes editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).

Notas editar

  1. "Vocabulario de medicina: (galego-español-inglés-portugués)" (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 12 de setembro de 2016.