Músculo romboide menor
O músculo romboide menor é un músculo do membro superior humano, pertencente ao ombreiro. Orixínase na zona inferior do ligamento nucal e nas apófises espiñentas das vértebras C7 e T1. Insírese na superficie posterior do bordo medial da escápula, na raíz da espiña escapular.
Función
editarComa o músculo romboide maior, eleva e retrae a escápula.
Innervación
editarEstá innervado polo nervio dorsal da escápula.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomía para estudiantes (en castelán).