Músculo bucinador


O músculo bucinador[1][2] (Musculus buccinator) é un músculo ancho e plano que se atopa na fazula, detrás do músculo maseter.

Músculo da meixela ou bucinador
Buccinator.jpg
Orixe Proceso alveolar do maxilar superior e da mandíbula, articulación temporomandibular
Inserción    Nas fibras do músculo orbicularis oris
Vascularización arteria bucal
Innervación rama bucal do nervio facial
Accións Comprime as fazulas
Axuda na mastigación

Insercións do bucinadorEditar

Insírese, detrás do bordo alveolar do óso maxilar e da mandíbula; na lámina medial da apófise pterigoidea e no ligamento pterigomandibular; adiante na mucosa da comisura labial; tamén está atravesado por unha rama do nervio facial.

FunciónsEditar

A súa función principal é dar forma á cara, agrandar a fenda bucal e exercer presión sobre a cavidade bucal (asubío). Tira cara atrás o canto da boca, aumentando o seu diámetro transversal; intervén na acción de asubiar, soprar, succionar, tocar instrumentos de vento ou acomodar o alimento nas superficies oclusais dos dentes posteriores.

InnervaciónsEditar

Innervado polo nervio bucal, rama do temporobucal (V3 do trixemino)(Sensorial). Innervado polo VII nervio cranial (nervio facial) (motor).

NotasEditar

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-20. 
  2. "bUSCatermos; bucinador". aplicacions.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-21. 

Véxase taménEditar