Mórula
En embrioloxía, mórula (do latín morŭla, amora, debido á súa aparencia), é o primeiro estadio de desenvolvemento do embrión dos animais, despois de que o cigoto comece a dividirse para formar unha esfera con 64 células, ou blastómeros. Cando a división do cigoto chega aos de 12 a 16 blastómeros, xa pode ser chamado mórula.
Despois desta fase, a mórula comeza a formar unha cavidade central chea de líquido, denominada blastocele, e pasa a denominarse blástula.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |