Os blastómeros son un tipo de células embrionarias animais indiferenciadas resultantes da segmentación do cigoto despois da fecundación. Estas células posúen totipotencia, é dicir, que poden dar orixe a células de calquera tecido.

Diagrama dun blastocisto, coa súa membrana (trofoblasto), a súa cavidade (blastocele), a masa celular interna (embrioblasto); en relación ao endometrio.

No ser humano, os blastómeros orixínanse despois da fecundación e divídense por mitose. Dous días despois da fecundación hai 4 blastómeros, e uns 8 ao terceiro día.

Mórula editar

Artigo principal: Mórula.

Os blastómeros divídense rápida e repetidamente durante os primeiros días da xestación aínda que o tamaño do embrión permanece constante (aumenta o número de células mais non o seu tamaño). Pasados catro días, o ovo fecundado ten máis de 32 blastómeros, recibindo a partir dese momento o nome de mórula.[1] Posteriormente prodúcese a blastulación, que representa o inicio da diferenciación celular de tal maneira que un grupo de blastómeros se sitúan formando unha envoltura externa denominada trofoblasto, que posteriormente dará orixe á placenta, mentres que outros se agrupan constituíndo a masa celular interna ou embrioblasto que dará orixe ao embrión.

Notas editar

  1. Instituto Químico Biológico. "Desarrollo embrionario precoz. [[implantación (embrioloxía)|Implantación]] y placentación". Ginecología y Obstericia (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2007.  Ligazón wiki dentro do título da URL (Axuda)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • "Blastomere." Stedman's Medical Dictionary, 27th ed. (2000). ISBN 0-683-40007-X
  • Moore, Keith L. e T.V.N. Persaud. The Developing Human: Clinically Oriented Embryology, 7th ed. (2003). ISBN 0-7216-9412-8

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.