Mário de Noronha
Mário López da Vasa César Alves de Noronha, nado en Lisboa o 15 de xaneiro de 1885 e finado na mesma cidade o 9 de xullo de 1973, foi un tirador de esgrima portugués, gañador dunha medalla olímpica.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1885 ![]() Lapa, Portugal (pt) ![]() ![]() |
Morte | 9 de xullo de 1973 ![]() São Sebastião da Pedreira, Portugal ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portugal Reino de Portugal ![]() |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista ![]() |
Lingua | Lingua portuguesa ![]() |
Deporte | esgrima ![]() |
Participou en | |
1928 | Xogos Olímpicos de 1928 |
1924 | Xogos Olímpicos de 1924 ![]() |
Premios |
Traxectoria
editarFillo do militar e xornalista Eduardo de Noronha, foi un esgrimista de sona, varias veces campión portugués de espada, participou en varios Xogos Olímpicos, logrando nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdan, xunto con Paulo d'Eça Leal, Jorge de Paiva, Frederico Paredes, João Sassetti e Henrique da Silveira, a medalla de bronce en espada por equipos.[1][2]. Despois da morte de seu pai en 1948 asumiu o título de viceconde de Santa Cruz, que como título nobiliario o goberno da república portuguesa non recoñece. Era oficial da Orde de Benemerencia[3], foi membro do Comité Olímpico Portugués e presidente da Federación Portuguesa de Esgrima e nesa cualidade foi procurador na IV lexislatura da Cámara Corporativa (1945-1949) [4].
Notas
editar- ↑ "Olympics Statistics: Mário de Noronha". Databaseolympics.com. Consultado o 28 de março de 2010.
- ↑ "Mário de Noronha Olympic Results". Sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2013. Consultado o 28 de março de 2010.
- ↑ "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Presidência da República Portuguesa. Consultado o 2013-03-01.
- ↑ Perfil na web da Asemblea da República Portuguesa