Lulo (Lull ou Lul), nado contra 710 en Wessex, e finado o 16 de outubro de 786 en Hersfeld, coñecido como San Lulo de Hersfeld, foi o primeiro arcebispo permanente de Maguncia, sucedendo a San Bonifacio, e o primeiro abade da abadía beneditina de Hersfeld.

Infotaula de personaLulo de Hersfeld

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Lullus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento710 Editar o valor em Wikidata
Wessex Editar o valor em Wikidata
Morte16 de outubro de 786 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Bad Hersfeld Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Hersfeld Editar o valor em Wikidata
Roman Catholic Archbishop of Mainz (en) Traducir
755 (Gregoriano) – 786 (Gregoriano)
← Bonifacio de MagunciaRichulf (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Maguncia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico , escritor , Arcebispo , diácono Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónBonifacio de Maguncia Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa16 de outubro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Lulo foi monxe do mosteiro beneditino de Malmesbury en Wiltshire. Durante unha peregrinación a Roma en 737 encontrouse con Bonifacio e decidiu que se uniría ao seu traballo misionero no norte de Alemaña.

En 738 Lulo uniuse á orde beneditina e entrou no mosteiro de Fritzlar, fundado por Bonifacio en 732, onde o abade San Vigberto foi seu profesor. Diácono en 740, foi ordenado sacerdote por Bonifacio en 747.

En 752 foi nomeado bispo auxiliar ao servizo de Bonifacio. O mordomo de palacio Pipino de Heristal confirmouno un ano despois como bispo auxiliar de Maguncia e, en 754, foi nomeado arcebispo pola renuncia de Bonifacio.[1][2]

Lulo foi bispo de Maguncia e abade de Hersfeld desde 769 a 786 en unión persoal (e desde 782, arcebispo). En 775, Carlomagno elevou a Hersfeld a abadía imperial, dotándoa de doazóns de terreos.[3]

Lulo converteuse no primeiro arcebispo regular de Maguncia cando o papa Hadrián I garantizoulle o palio en 781.

O arcebispo Lulo fixo trasladar os ósos de san Vigberto de Fritzlar a Hersfeld en 780, co que o mosteiro converteuse nun centro de peregrinación. En 782 vivían na abadía 150 monxes e posuía ao rededor de 1 050 hides de terreo.[3]

Desde 769 en adiante Lulo promoveu o establecemento do estilo carolinxio no mosteiroo da abadía de Hersfeld, que recibiu a protección de Carlomagno en 775.

O principal logro de Lulo foi a culminación da reforma de Bonifacio da igrexa dos francos e a conclusión con éxito da cristianización dos alemáns de Turinxia.

Pero, mentres que Bonifacio buscara un vínculo estreito con Roma, Lulo buscou un mellor entendemento cos reies francos.

Lulo morreu o 16 de outubro de 786 na abadía de Hersfeld en Bad Hersfeld, en cuxa igrexa foi enterrado. A lista de bens do Breviarium sancti Lulli fai inventario das posesións da abadía en tempo de Lulo. A abadía de Hersfeld está en ruínas desde finais do século XVIII. Os alicerces da igrexa foron achados durante as escavacións levadas a cabo no século XX na ala sur do transepto das ruínas da abadía, pero mon se encotrou o nicho da tumba de Lulo.

Foi canonizado o 7 de abril de 852.

A Lullusfest celébrase en Hersfeld desde entón cada 16 de outubro, sendo a festividade local establecida máis antiga do mundo xermanófono.

Notas editar

  1. Lulo como sucesor de Bonifacio en Enciclopedia Católica.
  2. "San Bonifacio, Arcebispo de Mentz, Apóstol de Alemaña e mártir" Arquivado 17 de maio de 2021 en Wayback Machine., Butler's Lives of the Saints
  3. 3,0 3,1 Oswald Hunter-Blair, Hersfeld en Charles Herbermann, ed. (1913): Catholic Encyclopedia. Nova York: Robert Appleton Compan.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar